CRTVG

Buscar

O Lugo trata de pechar hoxe a renovación de Juanfran

Publicado o 28/07/2020 16:24

E no Lugo, hoxe podería quedar resolta a continuidade Juanfran como adestrador do equipo branco e vermello.

Tras conseguir a permanencia nun final de liga espectacular, acadando 14 puntos nos seis partidos que dirixiu, a intención do Lugo é a de renovar o contrato de Juanfran. A reunión entre Tino Saqués e o propio Juafran para pechar o acordo vaise nas próximas horas. O club quere traballar xa con Juanfran a planificación da próxima temporada.

Noticias web

28/07/2020

Máis sobre Lugo