CRTVG

Buscar

O Lugo precisa cortar ante o Albacete a súa serie de derrotas

Publicado o 17/01/2020 14:56

• Os homes de Curro Torres suman oito xornadas seguidas sen gañar

O Lugo multiplica as súas urxencias. O equipo encadeou ante o Raio a súa oitava xornada consecutiva sen gañar. O cambio de técnico non serviu para mudar a tendencia. Por iso, o choque co Albacete gaña en relevancia: "Un partido moi moi importante para nós, onde xogamos moitísimo, son 3 puntos que queremos, estamos na nosa casa, diante da nosa afección", sinala o técnico lugués

Nos dous partidos que dirixiu Curro Torres viuse un Lugo con dificultades para atacar e con feblezas en defensa. Ante o Albacete as cousas teñen que ser diferentes. "Eu vexo un equipo do Lugo valente, atrevido, que sexa capaz de entender o partido que é, que teña personalidade e que sexamos quen de incrementar todas as estatísticas tanto ofensivas coma defensivas", anuncia Torres.

Hai 8 partidos, a última vitoria do Lugo foi precisamente ante o Albacete, mercé a este gol de Álex López. Sería un bo momento para repetir resultado

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020