CRTVG

Buscar

O Lugo presenta a Jaume Grau, cedido polo Osasuna

Publicado o 12/07/2019 18:45

Chega ao Lugo en calidade de cedido polo Osasuna o centrocampista Jaume Grau. Estaba no filial do Real Madrid, comprouno o Osasuna e cédeo ao Lugo. Grau ten vinte e dous anos. Natural de Tavernes, provincia de Valencia. Pasou pola canteira do Valencia antes de fichar no Real Madrid con dezaseis anos. Unha temporada no Navalcarnero e dúas consecutivas no Castela. Agora debuta no fútbol profesional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019