CRTVG

Buscar

O Lugo paga os erros e sente a presión dos que ocupan os postos de descenso

Publicado o 16/12/2019 16:19

O Lugo é quen marca o descenso. Nove puntos máis que o Deportivo. O Lugo atopouse coa calidade de Djurjevic. O dianteiro do Sporting abre o marcador cunha acción que deixa en evidencia a zaga do Lugo. O Lugo deu a iniciativa e espertou tras o descanso. Unha accion persoal de Cristian Herrera empata o encontro. Herrera suma sete goles. Un extraordinario gol en que canea varios defensores e bate a Diego Mariño.

Pero a última hora o Lugo cometeu un erro e Djurkevic aproveitouno. Con clase desborda a Djallo e e con clase supera a Cantero.

O partido finalizaría coa agresión de Gerard Valentín a un rival. Cartón vermello. Derrota no Anxo Carro. E a seguir sufrindo.

Noticias web

16/12/2019