CRTVG

Buscar

O Lugo iguala a súa peor primeira volta dende que regresou á Segunda en 2012

Publicado o 15/01/2019 18:24

O Lugo mira xa cara á Rosaleda despois de empatar na casa ante o Estremadura. Un punto que lles soubo a pouco aos de Monteagudo, que con este suman cinco encontros sen perder. Rematada a primeira pare da competición, o Lugo é décimo cuarto, a dous puntos da zona vermella. Encadea cinco vitorias, oito empates e oito derrotas. 23 puntos en total. Iguala deste xeito a súa peor primeira volta dende o ascenso á Segunda en 2012. 

Josete: "Ao final non pode ser sobresaínte, pero tampouco un suspenso. Eu creo que estamos indo ben, na liña do que é a liga. Está moi igualada e vai ser moi sufrida. Imos ter que pelexar para conseguir a salvación. A categoría parece a Primeira B. Vainos tocar loitar a nós e a outros equipos para poder conseguir os obxectivos da temporada".

Noticias web

15/01/2019