CRTVG

Buscar

O Lugo empata sen goles na estrea diante do Estremadura

Publicado o 18/08/2019 14:04

Os dous equipos protagonizaron un encontro igualadio

Logo do partido, o adetrador do Estremadura Manuel Mosquera sinalou "Que hai que facer axustes, faltaría máis. é o primeiro partido. Que poderiamos ter atinado, pois claro, pero Eloy tamén podería dicir que eles puideron atinar noutras. Así que paréceme un empate bo e os dous equipos curramos moito"
Para  Eloy Jiménez, o a destrador do Lugo, o partido foi "Moi equilibrado. Quizais o resultado para min é xusto. eles tamén tiveron as súas oportunidades aínda que creo que nós tivemos máis".

Primeiro ensaio nulo. Estremadura e Lugo alternaron no Anxo Carro momentos de dominio alterno e oportunidades varias. Con só dous defensas centrais no plantel, José Carlos e Pita, os galegos conseguiron o obxectivo de deixar a porta a cero. José Carlos tivo que aparecer para evitar un gol case seguro e Varo, o elixido por Eloy jimenez para a portería, amosou seguridade baixo os paus. O Lugo deui a réplica na ofensiva e amosouse superior no balón parado. Faltoulle ben pouco para tomar vantaxe dese xeito antes do descanso.
Manuel Mosquera, bo coñecedo do fútbol galego, tirou proveito del para reforzar o seu equipo. O ex-céltico Víctor Pastrana amosou credenciais de xogador de segunda e foi un perigo para a meta do Lugo no segundo tempo. Eloy apostou no once por Gerard Valentín, a súa penúltima incorporación. o xogador cedido polo Deportivo foi un puntal no interior. Case asina un fermoso gol. O seu xesto técnico non tivo o premio que merecía. Pastrana, quen senópn, volveuno tentar desde lonxe, a volveu austar a parroquia lucense. Foi o último achegamento dun partido con arume de pretemporada, que foi perdendo folgos contra o final

Alberto Varo, o porteiro do Lugo, quedou con que  "empezamos mellor que o ano pasado, que comezamos perdendo na casa. Este ano comezamos cun puntiño. Comezamos coa portería a cero que é superimportante para todos, para o porteiro máis, para a defensa, para todo o grupo, para que se sinta arropado. Ter esa tranquilidade de que estamos bastante sólidos"

O Lugo comeza a temporada cos sinais de identidade que hai uns meses lle aseguraron a permanencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019

Máis sobre deportes

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
Fabril 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13