CRTVG

Buscar

O Lugo cae por 1-0 en Vallecas ante o Raio

Publicado o 16/01/2020 14:04

É a terceira derrota consecutiva dos homes de Curro Torres

Segue o Lugo moi lonxe dunha versión viable para manter a categoría. Así quedou demostrado en corenta e cinco minutos de absoluto dominio do Raio Vallecano que aos tres minutos xa atopa con Mario Suárez o camiño do gol. Fuxe da súa marca e bate no coiro, rexeita Cantero e remacha Suárez. Consulta de VAR e fóra de xogo por pouco do vallecano.

No minuto vinte e catro, gol válido para o Raio. Foi tras un erro de toda a defensa luguesa e o coiro vai polo pé de Montiel ata a frontal da área, percute Duro e salva de primeiras Cantero, pero os restos acaban en Embarba, que non perdoa.

O gol dos vallecanos activou o Lugo e a primeira chegada con perigo real ten como protagonstas a Yanis Rahmani que asiste a Manu Barreiro que canea con cano incluído a Milic e dispara a porta para obrigar a Dimitrievski a facer unha gran parada. 

Para o Lugo quedarían os restos dalgunha xogada mínimanete trazada, como unha de Rahmani disparando a porta con relativa inquedanza para o porteiro local. A mellor noticia para o Lugo onte foi médica: volveu Hugo Rama sete meses despois da súa lesión.

Noticias web

16/01/2020