CRTVG

Buscar

O Lugo busca o equilibrio para superar o Oviedo nun encontro decisivo

Publicado o 22/02/2020 14:40

Conscientes da importancia do partido, o Lugo activou o estado de alerta. Para Cantero, premiado esta semana como o mellor xogador de xaneiro, as posibilidades do equipo pasan pola seguridade defensiva.

Para Cantero, "as nosas vitorias pasan por manter a portería a cero, somos conscientes delo e creo que o traballo estase a ver. Defensivamente, cando o equipo está ben, o ataque tamén crece." Hugo Rama, pola súa parte, aposta por seguir castigando ao equipo máis goleado da categoría: "É un equipo que encaixa moito, pero imos ao de antes, adestrador novo, van cambiar seguramente cousas, pero hai que centrarse no noso, o que si é certo é que temos que mellorar a faceta ofensiva e agardemos que sexa neste partido e nos que quedan."

Curro Torres, mentres tanto, tenta relativizar a importancia do encontro para quitarlle presión aos xogadores: "Nós non podemos permitirnos o luxo de ter unha sobreexcitación, nin de unha relaxación, nada máis que pensar no partido do domingo, preparalo do mellor xeito posible, eu creo que os rapaces saben o que nos estamos a xogar sempre." Os dous equipos enfrontaronse dúas veces nesta temporada co resultado de empate a un.

Noticias web

22/02/2020