CRTVG

Buscar

O Lugo busca a terceira vitoria consecutiva

Publicado o 16/11/2019 14:30
Os xogadores destacan a firmeza defensiva e a fortaleza na casa como chaves na reacción

Nunha semana, o Lugo pasou de estar en descenso a situarse a catro puntos da promoción grazas as dúas últimas vitorias. A análise deste troco tan radical ten distintas lecturas.

Campabadal. C.D. Lugo. "Soubemos manter a portería a cero e creo que a partires de agora é cando colles confianza para poder xogar mellor".

Para Iriome a chave está en manter o nivel amosado nos dous últimos partidos na casa onde derrotou a dous candidatos ao ascenso coma o Huesca e o Raio Vallecano. De ahí que para o extremo o equipo debe

Iriome. C.D. Lugo. "Facer un fortín do Anxo Carro sería fenomenal, vimos de dous partidos con bos resultados e imos ver se podemos facer bó ese dito de que non hai dous sen tres, que se faga realidade esta fin de semana."

Precisamente, esta fin de semana chega a Lugo un rival directo na loita pola permanencia coma o Rácing de Santander.

Os cántabros, penúltimos na clasificación, veñen de fichar ao ex deportivista Cristóbal Parralo como novo adestrador, de ahí a desconfianza dos xogadores lucenses.

Iriome. C.D Lugo. "A xente que se vén xogando a vida abaixo e veñen dun cambio de adestrador, partido trampa, coma se di."

Campabadal. C.D. Lugo. "Calquera troco de adestrador aos xogadores que non veñen xogando dalles un plus e esta semana seguramente fose máis forte que a que levaran ata agora."

Ante o Rácing, o Lugo busca manter a fórmula do mínimo risco e máxima eficacia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019