O Lugo anuncia a fichaxe do central mauritano Bakary Ndiaye
Publicado o 17/01/2021 20:37
O Club Deportivo Lugo anunciou a fichaxe do central mauritano Bakary Ndiaye. O xogador, de 22 anos, terá ficha do equipo filial. Adestrarase co primeiro equipo para reforzar unha posición que ten moi coxa Mehdi Nafti.
A aposta por Ndiaye vén polo bo rendemento que deu outro xogador de Mauritania, Mehdi El Hacen, que chegou ao Lugo no mercado invernal da temporada pasada.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 15:20