CRTVG

Buscar

O Lugo agárrase ao momento de Lazo

Publicado o 26/05/2019 12:51

O sanluqueño é chave para vencer o Estremadura

Unha das chaves lucenses para derrotar o Estremadura é José Carlos Lazo.

O sanluqueño marcou en tres das seis últimas xornadas e foi elixido polos afeccionados o mellor xogador do equipo nos tres últimos meses.

Os seus goles ante o Almería e o Deportivo convérteno en candidato a repetir en maio e o xogador goza do momento.

Lazo, do C. D. Lugo: "Feliz, contento, darlle as grazas á afección por seguir apoiándome e contento por outro premio máis, a seguir sumando e ao que veña".

Nove goles suma Lazo nesta temporada, que supuxeron seis puntos na liga e unha clasificación copeira. O futbolista cedido polo Xetafe estase a revalidar no Lugo, pero co obxectivo do retorno.

Lazo, do C. D. Lugo: "Si que o estou pensando, pero ao final o máis importante é o Lugo, que agora mesmo estou aquí ata o final de temporada e pensando en salvar o equipo".

Lazo acaba de iniciar a súa carreira á gloria, pero como adoita dicir, sempre vai levar o Lugo no corazón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2019