CRTVG

Buscar

O Lugo adáptase ás esixencias do novo adestrador

Publicado o 24/04/2019 19:56

O Lugo visita o campo das Palmas esta fin de semana, será o debut de Eloy Jiménez no banco. Di Lazo que só lles serve unha vitoria e que o equipo, en postos de descenso dende a semana pasada e coa salvación a dous puntos, sairá coas pilas cargadas.

O vestiario traballa para asimilar os conceptos do novo adestrador, que chega coas ideas moi claras, segundo Lazo: "O que nos pide é intensidade. Intensidade nas dúas áreas, ser contundentes atrás e máis agresividade na contraria. A verdade é que estamos contentos. Creo que vai ser unha boa idea".

O dianteiro, elixido mellor xogador do mes de marzo, anuncia un Lugo agresivo nas Palmas: "Eu sei que imos ir ao cen por cento. Non nos serve outra cousa, só gañar. Temos que ir coa conciencia tranquila e mentalizados de que hai que traer os tres puntos para Lugo".

 

Noticias web

24/04/2019