CRTVG

Buscar

O Lugo acredita uns números extraordinarios como local desde a chegada de Nafti

Publicado o 25/01/2021 11:47

Os de Mehdi Nafti abriron a segunda volta cun dous a cero sobre o Tenerife no fortín do Anxo Carro. Baixo as órdes do técnico tunisiano, os lugueses aínda non perderon na casa. Suman cinco vitorias e tres empates. Marcaron sete goles e só recibiron un, para acadar un total de dezaoito puntos.

Grandes números que axudan a que o equipo transite pola zona tranquila da táboa.

Noticias web

25/01/2021