CRTVG

Buscar

O lucense Jorge Prado gaña en Letonia

Publicado o 17/06/2019 17:45

Apuntamentos de motor comezando polo lucense Jorge Prado. Prado tocou a perfección en Letonia. Foi o máis rápido nos adestramentos libres do sábado, gañou a manga clasificatoria, marcou a volta rápida das dúas carreiras e cruzou a liña de meta no primeiro lugar por partida dobre. O lugués consolida a condición de líder para desesperación dos seus rivais. A próxima carreira será nunha semana en Alemaña.






 

Noticias web

17/06/2019