CRTVG

Buscar

O litoral da Coruña e Pontevedra e o interior pontevedrés, en aviso amarelo por vento e chuvia

Publicado o 08/11/2020 14:30

Choveu tan intensamente e con tanto vento do sur que na central hidroeléctrica de Maceira, en Covelo, esta mañá os traballadores dedicáronse a retirar folla acumulada. En Ponteareas, no Porriño, en Mondariz e en Mondariz Balneario acumularon 40 litros por metro cadrado e incluso se notou no caudal do río Tea, tan habituado a botar por fóra.

E ata as seis da tarde está activado o aviso amarelo por precipitacións e vento no interior da provincia de Pontevedra, no Baixo Miño e en todas as Rías Baixas. As temperaturas, que tenden a baixar a partir do luns quedaron hoxe nos 13-14 graos de mínima e 18-19 graos de máxima. O mesmo aviso, amarelo por chuvia e vento, queda estipulado ata as seis da tarde no litoral oeste e suroeste da Coruña, onde se van acumular 50 litros por metro cadrado.

Noticias web

08/11/2020