CRTVG

Buscar

O líder opositor ruso Navalny, detido pouco despois de aterrar en Moscova

Publicado o 17/01/2021 19:44

O líder opositor ruso, Alexéi Navalni, foi detido este domingo nada máis pisar chan moscovita. Sobre el pesaba unha orde de busca e captura.

Navalni regresou a Moscova procedente de Alemaña, onde pasou os últimos cinco meses, en tratamento médico, tras o seu envelenamento en Sibeira, do que responsabiliza a Putin.

A policía rusa detívoo no control de pasaportes do aeroporto de Moscova.

Noticias web

17/01/2021

Máis sobre actualidade