CRTVG

Buscar

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero di que este non é o momento para pactos

Publicado o 16/02/2019 21:48

O líder dos socialistas galegos asegura que o seu partido está traballando, para obter os mellores resultados que respalden unha maioría ampla tanto no Estado, coma en Galicia, cos mellores candidatos. Diante de posibles alianzas políticas, Gonzalo Caballero, que participou no acto de presentación de Luís López Bueno, candidato do PSOE á alcaldía da Estrada, dixo que Feijóo está chegando á fin do seu ciclo e que Casado non vai chegar á presidencia.

"Entendo que as distintas organizacións políticas fagan distintas posibilidades. Nós estamos iniciando este proceso. Neste momento o que nos corresponde é impulsar os mellores candidatos e candidatas para as municipais. Presentar as opcións que fortalezan a Pedro Sánchez, para unha maioría ampla. E dende logo dicirlle a Feijóo que o seu ciclo se vai a pechar e que Casado non vai chegar á presidencia".  





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2019