CRTVG

Buscar

O Liceo suma un novo triunfo e asegura a segunda praza para o play off

Publicado o 23/02/2020 16:26

O Liceo remontou diante do Voltregá e garantiu a segunda posición para os play off polo título. O Voltregá avisou cun gol de Mia Ordeig, e o Liceo sufriu ata o final do primeiro tempo, cando o máximo goleador da OK Liga Marc Grau logrou o empate. Na segunda parte, un gol de Ciocale encamiñou o triunfo que acabaron redondeando Dava Torres, Roberto Di Benedetto e Marc Grau, que fixo dobrete.

Goles: 0-1 Ordeig, 1-1, Marc Grau, 2-1 Ciocale, 3-1 Dava Torres, 4-1 Marc Grau, 5-1 Roberto Di Benedetto

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2020