CRTVG

Buscar

O Liceo crúzase co seu pasado na Champions. Jordi Bargalló volve a Riazor co Oliveirense

Publicado o 14/11/2019 21:56

En hóckey a patíns, o Liceo afronta este sábado un partido esixente e tamén un partido emotivo. Esixente, porque se trata da segunda xornada de Champions e reciben un Oliveirense que está na lista de favoritos. Emotivo, porque será unha tarde de reencontros. Volverá a Riazor o que fora capitán do Liceo, Jordi Bargalló.

"Antes de xogar o partido terá moitos amigos, despois na pista todo o mundo sabe que tanto Jordi coma nós queremos os tres puntos e penso que unha vez que o asubío inicial soe os afeccionados quererán que o Liceo vaia para arriba e así será", asegura Dava Torres.

Tamén vivirá de maneira especial o encontro o actual capitán. Torres non quere o cartel de favorito malia o espectacular inicio de temporada que protagonizan os coruñeses.

"O certo é que antes do inicio da liga ninguén sabía como iamos xogar nós, os favoritos eran outros, entón eu penso que nós teremos que seguir traballando forte día a día para que algún día nos dean coma favoritos nalgunha aposta pero nós agora mesmo humildes, con ganas de xogar e se hai algún favorito xa se verá na pista", sinala.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019