CRTVG

Buscar

O Leyma leva con claridade o derbi diante do COB

Publicado o 21/11/2020 21:29

Na LEB Ouro, o derbi foi para o Leyma Coruña, que derrotou con claridade o Ibereólica Renovables Ourense, por 17 puntos de diferenza. Os herculinos amosáronse superiores e protagonizaron accións espectaculares como esta entre Monaghan e Belemene.

O Leyma marcou diferenzas desde o segundo cuarto e tan só tivo problemas no terceiro, no que recibiu un parcial de 10-0. Co acerto exterior de Dago Peña, o Leyma segurou a terceira vitoria consecutiva, que o consolida como claro aspirante ao ascenso. O COB queda con dous triunfos en seis partidos.

Noticias web

21/11/2020