CRTVG

Buscar

O Leganés destitúe a Martí antes de xogar contra o Lugo

Publicado o 26/01/2021 21:37
O Leganés destitúe a Martí antes de xogar contra o Lugo

O Leganés tomou a determinación de destituír a José Luis Martí por mor dos malos resultados das últimas xornadas. O equipo madrileño, un dos candidatos ao ascenso por orzamento e cadro de xogadores, está no sexto posto, lonxe dos postos de ascenso directo e nunha dinámica moi negativa. 

Non gaña en liga desde o 2 de decembro do ano pasado e o último triunfo foi na Copa do Rei cando gañara no Couto ao Ourense C. F. sufrindo ata o último intre da prórroga. 

Tres puntos dos últimos quince é un balance letal para os intereses do Leganés e Martí deixa de ser o adestrador xusto antes de enfrontarse ao Lugo o vindeiro luns. Un Lugo que, no caso de gañar, igualaría a 34 puntos co seu adversario.