CRTVG

Buscar

O italiano Giulio Mercati ofrece un concerto de órgano na catedral de Lugo

Publicado o 26/09/2019 15:30

A catedral de Lugo acolleu un concerto do organista italiano Giulio Mercati.

Foi o primeiro dun ciclo para sensibilizar sobre a necesidade de recuperar o órgano da epístola da basílica lucense. O próximo ano cúmprese o centenario do inicio da construción. A singularidade do instrumento, que conta cun complexo sistema de transmisión pneumático tubular, faino único no mundo. Estes concertos van encamiñados a buscar fondos para a súa restauración e conservación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019