CRTVG

Buscar

O IPC sobe tres décimas en novembro polos carburantes e a alimentación

Publicado o 13/12/2019 09:56
O IPC sobe tres décimas en novembro polos carburantes e a alimentación

O índice de prezos de consumo (IPC) situouse en novembro no 0,4 % interanual, tres décimas por enriba da suba de prezos de outubro, que quedou no 0,1 %, segundo o dato confirmado este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O INE sinala que tras esta subida da inflación está a estabilidade dos prezos dos carburantes, fronte ao descenso rexistrado en novembro de 2018, e a evolución dos alimentos, cunha menor caída do prezo da froita. Trátase do primeiro repunte na evolución anual dos prezos desde xullo.