CRTVG

Buscar

O IPC descende sete décimas respecto a abril

Publicado o 12/06/2019 12:12
O IPC descende sete décimas respecto a abril
O índice de prezos de consumo (IPC) subiu en maio o 0,8 % interanual, o que supón un descenso de sete décimas respecto a abril, debido ao abaratamento da electricidade e ao menor encarecemento dos carburantes.
En maio, o abaratamento dos paquetes turísticos tiraron tamén á baixa dos prezos do lecer e a cultura ata marcar unha caída do 1,2 %. Pero o que máis influíu na moderación de maio foron os prezos da vivenda, que caeron o 0,3 %, fronte á alza do 1,7 % de abril, polo abaratamento da electricidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí