CRTVG

Buscar

O invidente Paco de Leña canta ás oito da tarde para os seus veciños na vila de Noia

Publicado o 19/04/2020 21:45

Pouco antes da hora dos aplausos, en Porto do Son teñen unha cita musical.
Non é un profesional, pero Paco de Leña víveo coma se o fose. É invidente e dedícase á venda de cupóns da ONCE na vila de Noia.

Desde que se decretou o estado de alarma non traballa e, como consecuencia, pode dedicarlle máis tempo a unha das súa maiores afeccións: a interpretación musical. Os seus veciños son os que máis llo agradecen.

Noticias web

19/04/2020