CRTVG

Buscar

O Instituto de Medicina Legal terá sede propia en Santiago e reformará a actual

Publicado o 27/11/2020 14:44

O Instituto Forense de Galicia terá en 2022 unha sede propia en Santiago. A Xunta destinará 300.000 euros para dotar dun edificio propio o Imelga nunha parcela pendente de concretar polo Concello.

Así o recollen os orzamentos do próximo ano, tal e como explicou o vicepresidente primeiro do executivo autonómico, Alfonso Rueda, na súa visita ás actuais instalacións, situadas nos xulgados das Fontiñas, que tamén serán reformadas.

Noticias web

27/11/2020