CRTVG

Buscar

Estudan en Santiago as pegadas que deixan no organismo virus ou bacterias

Publicado o 31/07/2019 16:12

Os virus, as bacterias, deixan pegada, neste caso transcriptómica, e de alí, explicanos o investigador Antonio Salas, poderemos previr grandes problemas de hoxe e do futuro.

Investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, adscrito ao Hospital Clínico Universitario, traballan nun test que facilite á medicina detectar se a nosa febre, por exemplo, se debe a un virus ou a unha bacteria. Unha proba no mesmo día e mediante a saliva.

Un equipo multidisciplinar, o grupo GENVIP, onde destacan o capital humano como base da investigación. Sinalan unha das que van ser as principais causas de morte no futuro: as enfermidades infecciosas causadas por bacterias cada vez máis resistentes debido ao abuso dos antibióticos.

Unha investigación financiada con 95.000 euros. A ciencia, tamén en Galicia, como elemento indispensable para o benestar de todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2019