CRTVG

Buscar

O Incio e Outeiro de Rei acumulan case o 90% dos positivos nos xeriátricos galegos

Publicado o 10/09/2020 16:04

É precisamente nas residencias onde se está a prestar especial atención na provincia de Lugo. No Incio e en Outeiro de Rei acumulan case o 90% dos positivos nos xeriátricos de Galicia.

Na residencia de Outeiro de Rei, intervida pola Xunta esta semana, seguen contaxiadas 166 persoas, entre traballadores e usuarios. Unha vintena están hospitalizados e faleceron dous internos.

Na do Incio hai 77 maiores contaxiados e 31 traballadores e xa faleceron 18 usuarios desde que se detectou o gromo.

As residencias de Lugo son as que acumulan máis casos, pero o total da provincia baixa.

Na cidade de Lugo dan por estabilizado o gromo. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 12 positivos novos de cadeas de transmisión xa coñecidas e rexistráronse 34 altas. Tamén se levantaron as restricións no barrio da Milagrosa.

Mentres, o gromo da unidade do maior do hospital Polusa suma 18 infectados. Nas últimas horas, confirmaron o falecemento dun dos pacientes ingresados.

Noticias web

10/09/2020