CRTVG

Buscar

O incendio de Palma calcina seis vivendas

Publicado o 25/08/2020 17:32

O incendio orixinado no municipio de Garafía na tarde do pasado venres queimou media ducia de vivendas e o Cabildo e o Gobierno de Canarias xa traballan na elaboración de axudas económicas para os propietarios, o mesmo que no caso de plantacións e gando afectado. Así o sinalou este martes o presidente do Cabildo, Mariano Hernández, tras a reunión técnica para seguir a evolución do incendio, que segue "mellorando", aínda que continúa en fase de estabilización e en nivel 2 de competencias.

O presidente destacou que se traballa de forma intensa no perímetro, que segue frío aínda que con puntos quentes, e con máxima precaución ante o episodio de altas temperaturas que empezou no arquipélago, coa vantaxe de que o vento "está a respectar e non se esperan fortes refachos", á vez que resaltou que os 300 veciños evacuados aínda non poden regresar ás súas casas.

Hernández Zapata indicou que os medios aéreos seguen traballando, aínda que os hidroavións empezarán a retirarse esta xornada, e anunciado a apertura ao tráfico da LP-114 entre As Tricias e Santo Domingo, que acaba coa incomunicación do barrio. En terra seguen traballando uns 100 efectivos e un deles sufriu unha caída este martes, sen gravidade, polo que foi dado de alta.

Noticias web

25/08/2020