CRTVG

Buscar

O Illa Pancha Challenge reunirá en Ribadeo os mellores 25 surfistas de todo o mundo

Publicado o 10/01/2019 15:06

Están no que chaman tempo de espera, pero en breve comezará a acción. Eles son dous dos organizadores do Illa Pancha Challenge, un evento que reunirá en Ribadeo os mellores 25 surfistas de todo o mundo. Dende o pasado un de xaneiro comezaron a monitorizar os mapas do tempo en busca da borrasca perfecta que provoque as mellores ondas.

"Cando Eric vexa que son as condicións máis grandes, máis perfectas, avisaremos con cinco días de antelación os surfistas que veñen de Australia, Hawai, dos Estados Unidos, de África do Sur".

A contorna da Illa Pancha converterase nun anfiteatro natural onde ver de preto estes surfistas. O Panchorro, como lle chaman a onda xigante que se orixina na zona, pode superar os vinte metros de altura.

"Hai moitas ondas xigantes polo mundo e en Galicia tamén que quizais sexan máis grandes ca esta pero non as ves dende terra, son un punto no medio do mar, esta non. Cada acción que vai a pasar, cada onda pódese ver".

Será unha proba única en España e que reunirá en Ribadeo centos de persoas. Quedamos pendentes da data.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019