CRTVG

Buscar

O hospital Meixoeiro de Vigo, destacado en España polas operacións de glaucoma

Publicado o 22/01/2018 15:00

Un oftalmólogo do hospital Meixoeiro de Vigo é un dos catro cirurxiáns de España que empregan unha técnica innovadora para operar o glaucoma. O sistema chámase canaloplastia. Facilita o postoperatorio dos pacientes e evita problemas de cicatrización. 

Máis de cen intervencións coa técnica de canaloplastia refrendan a experiencia do xefe da unidade de Glaucoma do hospital Meixoeiro de Vigo. Hai máis de 6 anos que fai este tipo de cirurxía que evita ter que colocar unha ampola artificial que faga de depósito no ollo.

É un dos catro médicos que empregan esta técnica en España, que na maioría dos casos é de por vida, sen ter que repetir cirurxía, e evita moitos problemas de cicatrización ou de funcionamento das ampolas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2018