CRTVG

Buscar

O hospital de Ferrol incorpora un láser de alta potencia para tratar os cálculos urinarios

Publicado o 24/04/2019 20:10

O hospital de Ferrol acaba de incorporar un láser de alta potencia para tratar os cálculos urinarios. A incorporación desta tecnoloxía permitirá realizar os tratamentos evitando a cirurxía aberta, xa que dispón dun mecanismo que fragmenta e destrúe os cálculos.

Este láser pódese empregar tamén no tratamento dos cálculos da vesícula. Na área sanitaria de Ferrol trátanse uns cen pacientes ao ano con este tipo de doenzas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/04/2019