CRTVG

Buscar

O hospital de Conxo estrea a nova unidade de coidados paliativos

Publicado o 07/10/2019 13:55

O investimento nas novas instalacións da unidade de coidados paliativos do hospital de Conxo foi duns 100.000 euros. O espazo, de máis de 900 metros cadrados, conta con 19 cuartos individuais. Dous deles poderán facerse dobres en caso de necesidade. Están deseñados para mellorar a estadía dos pacientes.

Eloína Núñez, xerente de Xestión Integrada de Santiago: "Dentro do plan de humanización en que estamos inmersos, que os pacientes de paliativos, oncolóxicos e doutras patoloxías, teñan unha unidade cunha infraestrutura máis cómoda".

Máis cómoda para os pacientes e tamén para os seus acompañantes. Nesta unidade hai dous cuartos de confort para os familiares.

Eloína Núñez, xerente de Xestión Integrada de Santiago: "En caso de que teñan que realizar unha pequena comida ou traer da casa algo que necesitan para estar máis tempo aquí, que estean do xeito máis cómodo posible tanto os familiares coma os pacientes".

O traslado desde o Gil Casares a Conxo realizarase en función das circunstancias de cada paciente. En principio, convivirán as dúas unidades. O ano pasado houbo máis de 720 ingresos en paliativos e unha ocupación algo superior ao 80%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019