O hospital de Berlín que atende a Navalni confirma que foi envelenado
Publicado o 24/08/2020 17:12

Os exames practicados ao opositor ruso Alexei Navalni no hospital universitario da Charité en Berlín reforzan a idea de que houbo un envelenamento, segundo informou o centro médico.
"Os achados clínicos apuntan a unha intoxicación cunha substancia inhibidora de colinesterasa", segundo asegura o centro médico.
A substancia concreta non puido precisarse aínda, pero o hospital afirma que os efectos tóxicos foron confirmados en varios laboratorios independentes.
Navalni continua en coma pero, segundo o hospital, actualmente a súa vida non está en perigo.
Máis sobre Política
24/02/2021 20:09