CRTVG

Buscar

O home que morreu facendo rápel co fillo en Monte Louro non levaba protección

Publicado o 01/04/2019 13:10

Na zona tamén estaban presentes a muller e outra filla

• Entrevista a un bombeiro e escalador experimentado na zona

O accidente aconteceu contra as seis da tarde na zona do Forcado, en Monte Louro. O home, de 45 anos, estaba a practicar rápel co seu fillo de 14, cando se precipitou mentres intentaba asegurar a corda do menor. A humidade do terreo pola choiva puido ser a causante de que o home esvarara, caendo dende unha altura de 30 metros.

Ao lugar desprazáronse os servizos de urxencia, os bombeiros de Cee e o GES de Muros, pero a dificultade para acceder á zona fixo necesario o rescate aéreo grazas á intervención do helicóptero Pesca I. O home non estaba equipado coas medidas de protección, e a pesar de que estaba con vida cando chegaron os servizos sanitarios, morreu pouco despois debido ao gravidade das feridas.

Ademais do fillo que o acompañaba, na zona tamén estaban a muller e mais outra filla. Os tres tiveron que ser trasladados ao Hospital do Barbanza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019