CRTVG

Buscar

O home que apareceu morto nun camiño de Mos puido ser atropelado

Publicado o 03/11/2019 11:41
O home que apareceu morto nun camiño de Mos puido ser atropelado

A Garda Civil continúa a investigación sobre a estraña morte do home que apareceu nun camiño preto da súa casa en Mos. Á espera dos resultados da autopsia, non se desbota ningunha hipótese, aínda que cobra forza a de que o home fose atropelado.

As últimas informacións apuntan a que pode que fuxira a pé da súa casa e que os agresores o perseguiran ata atropelalo. Ao parecer o home tiña marcas de rodeiras en varias partes do corpo, amais de numerosos golpes e rabuñaduras.

Os axentes tomaron xa declaración a varias persoas. O falecido tiña antecedentes policiais relacionados co tráfico de estupefacientes.

Noticias web

03/11/2019