CRTVG

Buscar

O Guardés soña coa súa primeira Copa da Raíña

Publicado o 31/08/2020 21:44

Hai dúas temporadas gañaron a liga, pero a Copa resístese. O Guardés buscará o título en Málaga canda outros sete equipos, aínda que en peores condicións de preparación.

Ata hai poucos días en Galicia non se podía adestrar con contacto nin disputar amigables. Por dúas veces viaxaron para probarse contra o Aula Valladolid, precisamente o seu rival nos cuartos de final.

Todos os equipos se someteron este luns aos test PCR e non viaxarán ata que se coñezan os resultados. O protocolo de competicón é estrito.

Así comezará unha temporada incerta pero tamén ilusionante para o Guardés.

Veremos na Liga, pero na Copa da Raíña si que haberá público, como tamén houbo no amigable do sábado en Valladolid.

Noticias web

31/08/2020