O Guardés deixa o liderado despois de perder co Rocasa
Publicado o 16/11/2018 18:41
O Mecalia Atlético Guardés perde o liderado da División de Honra despois de caer onte na pista do Rocasa de Gran Canaria. Gañaron as locais por un axustado 27 a 26. Ben é certo que o Guardés sempre foi a remolque e puido maquillar o resultado nos minutos finais. O equipo de José Ignacio Prades acumula dúas derrotas consecutivas como visitante: Xixón e Gran Canaria. Agora o Mecalia céntrase na Copa EHF. O domingo na Sangriña, e coa tvG2 en directo, recibe o Kuban Krasnodar. De Rusia volveu o Mecalia cun gol de renda ao seu favor.
Máis sobre actualidade
25/02/2021 22:09
25/02/2021 21:26