CRTVG

Buscar

O Guardés acariña a fase final da Copa e O Porriño queda pendente dunha milagre

Publicado o 19/01/2020 11:44

Na categoría feminina, disputáronse os partidos de ida da segunda rolda da Copa da Raíña. O Conservas Orbe Porriño caeu ante o Xixón 20-30 na súa propia casa. Coas asturianas volvía á casa Cecilia Cacheda, enfrontábase ao equipo no que xogou dez temporadas e foi decisiva. Cacheda meteu sete goles. A volta dispútase en algo menos dun mes, o 15 de febreiro co Porriño necesitado dunha fazaña, remontar os 10 goles de desvantaxe. O Mecalia Guardés, pola súa parte, foi quen de conseguir un bo resultado na pista do Balonmán Salud Tenerife (26-27) para tentar decidir a eliminatoria na súa pista da Sangriña. Os equipos que superen esta eliminatoria estarán na "Final a 8" que se disputará a finais do mes de abril en Málaga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020