CRTVG

Buscar

O Grupo Socialista na Asemblea de Madrid pide información sobre o préstamo ao pai de Ayuso

Publicado o 24/06/2019 09:17

O Grupo Socialista na Asemblea de Madrid rexistrará hoxe na cámara autonómica un requirimento de información para coñecer o expediente dun préstamo de 400.000 euros concedidos por Avalmadrid a unha empresa da que era copropietario o pai de Isabel Díaz Ayuso.

Segundo as informacións publicadas en varios medios, a empresa semipública Avalmadrid, participada polo Goberno rexional, aprobou en 2011 este préstamo á empresa Infortécnica, controlada ao 50% polo pai da candidata do PP á Comunidade de Madrid.

Ao parecer, Avalmadrid leva oito anos intentando recuperar ese préstamo e a débeda supera xa o medio millón de euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019