CRTVG

Buscar

O grupo sanguíneo A podería ser máis propenso a unha covid-19 severa

Publicado o 18/06/2020 16:59
O grupo sanguíneo A podería ser máis propenso a unha covid-19 severa

Un estudo científico asegura que as pesoas con sangue de tipo A son máis propensas a sufrir un coronavirus máis severo.

O estudo levouse a cabo nas UCI de varios países europeos, entre eles España. Os científicos concluíron que o sangue de tipo 0 protexía máis fronte a unha insuficiencia respiratoria, e que os pacientes con grupo A tiñan un 50% máis de posibilidades de ter que recibir, por exemplo, respiración mecánica.

O traballo pon o acento nas diferencias xenéticas, como chave para ter un covid máis ou menos grave. En cambio, algúns expertos cren que é precipitado chegar a estas conclusións. Din que un só estudo non abonda para determinar o papel que pode xogar na covid o grupo sanguíneo.

Noticias web

18/06/2020