CRTVG

Buscar

O Grupo Común da Esquerda non ve ameaza no proxecto de Más Madrid en Galicia, que considera "parcial"

Publicado o 25/09/2019 14:49

En Galicia, Luís Villares recoñece contactos entre En Marea e Más Madrid para integrar unha coalición territorial que podería presentarse pola Coruña e Pontevedra. Dende o Grupo Común da Esquerda, que integra os deputados de Podemos no parlamento galego, din que non lles preocupa ese proxecto, que consideran "parcial".

Luca Chao, voceira do Grupo Común da Esquerda, asegura: "Non temos ningún dato que permita pensar que se poidan ameazar os nosos escanos. En todo caso, nós temos un proxecto integral para Galicia dentro dun proxecto para o conxunto do Estado. É sorprendente que algunha formación teña un proxecto parcial, só para as comunidades atlánticas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019