CRTVG

Buscar

O gromo de Caldas de Reis contabiliza 12 casos activos

Publicado o 08/08/2020 15:00

Neste edificio do Campo da Torre reside a maior parte dos aillados polo gromo de Caldas. A Policía Local controla que cumpren a corentena nas súas vivendas. Son en total doce activos e 15 contactos. Case todos teñen relación familiar, unha delas é a muller que facía a limpeza neste céntrico bar de Caldas, polo que a propietaria do restaurante tamén está confinada aínda que deu negativo nas probas segundo se explica nunha nota no establecemento. Os responsables din estar cansos da presión informativa e das canclacións que afectan a outros negocios da zona. Malia todo a situación vívese con relativa tranquilidade.
Na área sanitaria de Pontevedra só hai dúas persoas hospitalizadas nas plantas do hospital do Salnés e de Montecelo, outras corenta e dúas pasan a enfermidade nas casas ou onde lles sorprendeu o virus como o caso dos madrileños de Meis.
Na área sanitaria de Vigo hai un paciente na UCI do Cunqueiro e outras catro persoas hospitalizadas. Nesta área hai 81 pacientes activos.


 

Noticias web

08/08/2020