CRTVG

Buscar

O gromo da residencia de maiores do Incio suma xa 21 mortos

Publicado o 13/09/2020 14:27

O último finado notificárono este mediodía, e estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti. Trátase dun varón de 77 anos con patoloxías previas.

Na provincia de Lugo o gromo da residencia de maiores do Incio suma xa 21 mortos, logo do falecemento este sábado doutros dous residentes. Neste centro hai ademais 75 outros infectados, e na residencia Domus Vi de Outeiro de Rei, a máis afectada de Galicia, mantense a cifra de 141 positivos.

O gromo da residencia de maiores do Incio suma xa 20 mortos. Nas últimas horas perdían a vida un home de 92 anos, no propio centro, e unha muller de 87 no hospital Lucus Augusti. Ambos os dous tiñan patoloxías previas. Nesta residencia hai 75 positivos. E no principal gromo nos centros galegos de maiores, o da Domus Vi de Outeiro de Rei, o número de contaxiados manténse en 141.

Mentres tanto na capital luguesa, o gromo que máis preeocupaba nos últimos días, o do barrio da Milagrosa, semella estar remitindo. Os veciños da zona son máis optimistas, din que a situación mellorou e cren que a xente está máis concienciada para cumprir as normas de seguridade.

Segundo un informe de Saúde Pública nas últimas dúas semanas detectáronse na cidade 21 cadeas de transmisión, cun 12 por cento de positividade.

Noticias web

13/09/2020