CRTVG

Buscar

O Granada do vigués Diego Martínez segue a súa xeira triunfal

Publicado o 28/09/2019 22:45

Vitoria diante do Leganés (1-0)


O Granada continúa imparable. Esta xornada saiu coma un ciclón ante o Leganés, máis foi o cadro visitante o que dispuxo da primeira ocasión, nas botas de En-Nesyri. Salvou Rui Costa e confirmou aquelo das dinámicas do fútbol, que atraen bos resultados as veces, como castigan sen piedade noutras. Pros nazarís agora todo son días viño e rosas. Os rivais fallan e eles aproveitan. Gol de Puertas. Minuto 28.

O Leganés botoulle fe, en especial, na segunda parte e sufriu o Granada. Mesmo pediu penalti por man de Martínez. Logo de revisalo no VAR, o árbitro non o concedeu.

1-0 Final con sufrimento nos Cármenes. O conxunto dirixido polo vigués Diego Martínez, acumula catro triunfos e un empate nos últimos cinco encontros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/09/2019