CRTVG

Buscar

O Granada derrota o Alavés e é o líder

Publicado o 20/09/2020 21:12

Seis puntos de seis. O Granada de Diego Martínez prolonga o seu idilio cos resultados. Non sen complicacións, foi capaz de sacar un partido moi complicado diante do Alavés. un partido que non tardou en poñérselle de cara aos nazarís da man do seu referente goleador. Non errou Roberto Soldado aos sete minutos. Pase en longo, carreirón, e gol de nove puro. En tres toques, o coiro percorreu todo o campo.

Outro nove, de características diferentes, deu a réplica. Joselu enviou unha falta directa, dura, ao pau dun desubicado Rui Silva no minuito 20. Un dato, é o gol 50 do de Silleda nas grandes competicións, Liga, Premier e Bundesliga.

Tal era a igualdade na segunda metade que o partido puido viaxar para calquera lado. Unha mostra, decisiva, foi a que se viviiu entre o minuto 76 e 79. Edgar dispón dunha oportunidade moi clara. O seu disparo golpeou contra a trabe.

Cando o Alavés aínda lamentaba esa flagrante oportunidade malgastada, tivo a súa o Granada. E esta vez non houbo erro. Darwin Machís recolle un centro e, non á primeira perio si á segunda, supera o gardameta Pacheco. O venezolano marca o gol que deixa o Granada líder. Como sucedeu o ano pasado, o equipo andaluz saborea esa gloria temperá.

Noticias web

20/09/2020