CRTVG

Buscar

O graffiteiro coruñés investigado por danos e tenza de armas saírá do carcere baixo fianza de 10.000 euros

Publicado o 18/06/2019 13:12

O graffiteiro coruñés ao que se lle atribúen máis de 500 pintadas na cidade poderá saír de prisión nos próximos días logo de aboar unha fianza de 10.000 euros.

O rapaz, de 24 anos, ingresara en prisión a semana pasada tras ser detido dentro dunha operación policial en que se lle interviñron armas, grillóns e placas de policía falsificadas. O xuíz atribúelle ata 70 delitos de danos por un valor superior aos 235.000 euros.

Ás denuncias da Fiscalía vanse sumar comerciantes e comunidades de propietarios que lle reclaman os gastos de limpeza das súas pintadas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019