CRTVG

Buscar

O Govern "empatiza" coas protestas na rúa

Publicado o 15/10/2019 19:15

O Goberno catalán reuniuse este martes en consello extraordinario para estudar a resposta da Generalitat á sentenza do procés. O Executivo expresa a súa empatía coas protestas na rúa, incluído o colapso do aeropoto do Prat. Admiten que a súa obriga de manter a seguridade e o funcionamento das comunicacións carrexa contradicións, din, difíciles de resolver.

O Goberno catalán enviará cartas a varios primeiros ministros nun intento de manter viva a súa postura no ámbito internacional. Horas antes, Quim Torra presidía a tradicional ofrenda floral na tumba do fusilado ex-presidente da Generalitat, Lluis Companys. Alí, reiterou que volverán intentar celebrar un referendo. Quim Torra, presidente da Generalitat, dicía que "nunca desfaleceremos no exercicio do dereito á autodeterminación".

Torra comparecerá este xoves no Parlament en pleno monográfico para falar da sentenza. Aínda que non o aireen, a postura do bloque independentista non é uniforme: Junts per Cat e Esquerra Republicana frustaron a intención da CUP de que se votase unha resolución conxunta.

Noticias web

15/10/2019