O Goberno vai aprobar hoxe a tramitación da Lei integral contra as violencias sexuais
Publicado o 03/03/2020 10:38
O Goberno comeza a tramitación da prometida reforma do "só si é si" para acabar coa distinción entre abuso e violación.
A Lei integral contra as violencias sexuais, impulsada dende o Ministerio de Igualdade, prevé modificar o Código Penal coa creación de novos delitos e acabar coa distinción entre abuso e violación coa introdución do consentimento.
Nos últimos días transcendeu o malestar entre sectores do PSOE e do Goberno co contido dese proxecto. O PSOE non dá por pechado un texto que segundo Irene Montero está consensuado entre os ministerios aos que afectan os cambios.
Máis sobre actualidade
07/03/2021 10:53
07/03/2021 10:03