CRTVG

Buscar

O Goberno ultima subas fiscais a grandes rendas e patrimonios

Publicado o 18/09/2020 18:33
O Goberno ultima subas fiscais a grandes rendas e patrimonios

O Goberno prepara a suba fiscal para as rendas máis altas, que se incluirá nos próximos presupostos. Será un incremento do un por cento do imposto de Patrimonio para as fortunas de máis de 10 millóns de euros. É o que recolle o acordo asinado nas últimas horas entre a ministra de Facenda e o secretario de Estado de Dereitos Sociais, negociador por parte de Podemos.

Esta suba era unha das reclamacións do partido de Iglesias, e unha das medidas incluídas no acordo de coalición. Podemos quere máis subas para as rendas altas, pero Montero defende que a gran reforma fiscal debe agardar a un período de recuperación económica.

Noticias web

18/09/2020